A nosa entidade ten as súas orixes nos anos 80, cando un grupo de galegos no Bar Corderi, decide formar un grupo de GAITAS E DANZAS dirixidos por os profesores Sr. Xesús Galán, Casanovas en música e Xulia e Fernando en danza.
No ano 1983 fórmase a primeira Xunta Directiva encabezada por D. Imerio Mato Mouriño como presidente, elaborando posteriormente os estatutos polos que máis tarde se rixe a sociedade e celebrando uns meses máis tarde a inauguración oficial, quedando instalada oficialmente na Rúa Maior “Brasería ROC, ACE a súa sede social”.
Dous anos máis tarde, e debido ao incremento de socios e alumnos a sede social trasládase a Pº Lorenzo Serra, 44, quedando ao frente da entidade D. Carlos González Losada como presidente que sería relevado uns meses máis tarde por a reelección de D. Imerio Mato Mouriño.
No ano 1986 elíxese unha nova Xunta Directiva encabezada por D. Manuel Novelle Arias, uns meses máis tarde e tras sufrir varios problemas de instalacións quedándose reducidos os locais de Pº Lorenzo Serra, trasládase a sede social a C/ Pompeu Fabra, 44, onde se atopa na actualidade.
A galeguidade foille concedida á nosa entidade na data de 03/03/1988, por Decreto do Diario Oficial de Galicia de 18/04/1988. Na actualidade forman parte da entidade un total de 345 socios, dos que 272 son galegos.
Por último suliñar que está integrada tamén na Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña.