Tal como recollen os estatutos, trátase dunha asociación de carácter social, cultural e recreativa, sen ánimo de lucro, encargada de agrupar no seu seo aos galegos que se atopen en Cataluña.
En concreto, os fins da asociación, segundo os propios estatutos son:
- Conformar a unión dos galegos residentes en Cataluña e dos que sin selo reúnan as condicións determinadas nestes Estatutos.
- Axudar dentro dos límites que permitan as posibilidades da asociación, a cantos galegos, transeúntes ou residentes, se atopen en Cataluña.
- Fomentar a práctica das actividades deportivas.
- Desenvolver a cultura no seu aspecto docente, artístico e intelectual.
- Promover o esparcimento e o recreo, acrecentando a irmandade e armoniosa convivencia entre todos os galegos de Cataluña, procurando que en todo momento resulte agradable aos socios a súa estancia nos locais da asociación.